18 de novembro
A última viaxe do ano foi a Vilanova de Lourenzá, con motivo de ser Francisco Fernández del Riego, persoeiro das Letras Galegas do ano 2023, natural desta vila. A visita estivo asistida por Justa, guía oficial do Concello, comezando ás 11 horas na praza que hai diante do edificio que foi a cámara abacial do antigo mosteiro de San Salvador, hoxe Casa do Concello, e da igrexa, onde fixo unha introdución histórica para falar de Osorio Gutiérrez, coñecido como O Conde Santo, fundador do mosteiro a mediados do século X, o seu proceso de desenvolvemento, coa integración na Congregación dos bieitos de Valladolid a principios do século XVI, e o seu declive, así como da construción da igrexa, coa súa magnífica fachada obra de Fernando de Casas Novoa, explicacións que continuaron no interior onde chama a atención a súa estrutura así como o retablo maior deseñado por Ventura Rodríguez.
Día 18 de novembro, sábado
Viaxe a Vilanova de Lourenzá.
Saída ás 9 horas
7 de novembro de 2023
Como actividade previa á visita prevista para o día 18 de novembro a Vilanova de Lourenzá, o doutor en Historia da Arte e investigador no Departamento de Patrimonio Histórico Artístico da diocese de Lugo, Javier Gómez Darriba, fixo unha pormenorizada descrición do mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá, comezando pola figura do seu fundador, Osorio Gutiérrez, coñecido popularmente como O Conde Santo, un personaxe un tanto escuro polo pouco que se sabe del, basicamente un conxunto de datos presentes no Tumbo de Lorenzana, custodiado no Archivo Histórico Nacional de Madrid, o cal contén máis de 200 escrituras sobre a fundación, propiedades, etc. do mosteiro entre os séculos X-XIII.
3 de outubro
Con motivo do Centenario da fundación do Seminario de Estudos Galegos, organizouse este coloquio en colaboración co Museo do Pobo galego, sobre a pegada do Seminario a través do labor docente de Ricardo Carvalho Calero, Xosé Filgueira Valverde e Antonio Fraguas Fraguas, no que participaron María Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela, para falar de cada un deles na súa etapa lucense.
Actuou de moderador, Felipe Arias Vilas que fixo a presentación e introdución salientando a importancia global do SEG na cultura de Galicia na primeira metade do s. XX e a moita incidencia que tivo nos seus epígonos.
Día 7 de novembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia Javier Gómez Darriba sobre “O Mosteiro de Vilanova de Lourenzá”.
De 19:30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe a Vilanova de Lourenzá.
Día 7 de novembro, martes
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia Javier Gómez Darriba sobre “O Mosteiro de Vilanova de Lourenzá”.
De 19:30 a 20 horas
Anotacións para a viaxe a Vilanova de Lourenzá.
28 – 29 de outubro
Anque o obxecto principal da viaxe era visitar a vila romana de La Olmeda, para ver un exemplo significativo de colaboración entre os particulares e as administracións para a conservación do patrimonio, sempre aproveitamos para ver outros monumentos de interese que estean no itinerario que temos que facer. Os corenta viaxeiros que saímos de Lugo fixemos a primeira parada en Santoyo (Palencia), un pobo castelán que estivo amurallado, para ver a igrexa de San Xoán Bautista, con elementos arquitectónicos que van desde o románico ao tardo gótico, acompañados da guía que tiñamos contratada. Polo exterior vese unha igrexa fortaleza, nas inmediacións está o hospital sanxoanista, coa torre das campás ameada e unha de planta hexagonal máis pequena nas inmediacións das portas de acceso, a principal con pórtico con adornos de estilo renacentista deseñada por Diego de Siloé. No interior chamounos a atención as altas bóvedas de crucería, e o artesoado mudéxar do coro, así como o retablo principal, renacentista, e os secundarios de estilo barroco.
Día 28 e 29 de outubro, sábado e domingo
Viaxe para ver a Vila romana de La Olmeda e o Museo de Saldaña, Astudillo e San Hipólito el Real. Saída ás 8 horas.
13 de outubro
O profesor de Historia da Arte da Universidade de León comezou a conferencia indicando que durante a Antigüidade romana as vilas convertéronse nos ámbitos domésticos por excelencia, moradas nas que os propietarios patrocinaron e usaron as formas máis luxosas de ornamentación dos seus muros, chans, mobiliario, etc., buscando crear espazos suntuosos para a vida e a representación social. Ademais da imaxes, recorreu a dar lectura a algún parágrafo de textos de autores romanos nos que se fala da vida nestas vilas.
Nos contextos do Mediterráneo, e na mesma Península Ibérica, conserváronse, en ocasións en paraxes illadas de gran beleza, conxuntos habitacionais, vilas, de gran relevancia e calidade artística.
Citou como exemplo que os moradores da chamada vila de Oplontis, preto de Nápoles, posuíron unha das piscinas máis grandes coñecidas no mundo romano. Alí tomaban baños ao sol da costa do Tirreno, mentres gozaban dos seus xardíns e das amplas estancias pintadas.
Día 13 de outubro, venres
ás 20 horas
Salón de actos da Deputación Provincial
Conferencia de José Alberto Moráis Morán, profesor de Historia da Arte da Universidade de León sobre "A beleza do cotián: arte e suntuosidade nas vilas romanas de Palencia".
Hai varias modalidades de socios de LugoPatrimonio.